proxecto

¿Por qué Gazapo?

porque hai [erros]
que celebrar!

ver proxecto   zigzag

Nós mesm@s somos froito de todos os erros cometidos durante este anos. Ainda que claro, con tanto [erro], algo tivemos que facer ben!

O noso principal obxectivo e realizar actividades educativas que resulten verdadeiramente significativas adaptándoas as necesidades dos nosos alumn@s.

Desenvolvemento Educativo

[formación]

Ademáis da continua [formación] dos nosos compañeir@s ofrecemos unha serie de cursos
+ experiencias dirixidos a todos membros da familia.

Clases
Programación

Programación

Scratch, Makecode Flowlab

Ler Máis

Clases
Espazo Creativo

Espazo Creativo

Taballo por proxectos

Ler Máis

Clases
Reforzo Educativo

Reforzo Educativo

Aprender a Aprender, Xestión Información, NEAES

Ler Máis

Clases
S.T.E.A.M. Robótica

S.T.E.A.M. Robótica

Clases de Robótica, programación

Ler Máis

Clases
Sesiones individuais

Sesiones individuais

Clases adaptadas

Ler Máis

Noticias Destacadas

[novidades]

  • Horarios 2020 - 2021

    Horarios 2020 - 2021

    Horario de actividades deste curso 2020 - 2021

    + info
  • Novo local

    Novo local

    Pero como non imos a estar contentos/as l!!! ☺

    + info
  • Arte na Escola Narón

    Arte na Escola Narón

    Arte na Escola Concello de Narón.

    + info
novidades

Actividades de Animación

[actividades]

gústannos as [animacións] nas que se pode experimentar, tocar, manipular, xogar, crear… aprender divertíndose!

Investigadores

Investigadores

Traballo por proxectos.

 

Creatividade

Creatividade

Actividade na que propoñemos unha amplia gama de experiencias.

Robótica Educativa

Robótica Educativa

Actividade S.T.E.M. pensada para pequenos/as inventores!!

 

Preguntas Frecuentes

[dúbidas]

Para que idades son as actividades?

As nosas actividades están destinadas a usuarios/as de todas as idades , aínda que ás veces, algunhas delas, estan destinada para un público en concreto. Toda esa información atoparala en cada un dos seus apartados en [actividades].

Poden asistir nenos/as con diversidade funcional?

Si , o noso centro está adaptado ao 100% e o noso persoal conta coa formación necesaria. As actividades que realizamos fora do noso centro están condicionadas polo espazo que nos ceden para realizala e pola natureza da mesma.

Pódese elixir o horario?

Si , ata certo punto. Nas actividades do noso centro sempre ofreceremos varias posibilidades para favorecer a conciliación familiar.Sen embargo, as actividades que realizamos para outras entidades están supeditadas aos horarios que elas establecen.

Poden asistir os pais/nais as actividades?

En [gazapo] desenvolvemos actividades interxeneracionais que permiten a participación dos pais/nais convertindose nunha opción de conciliación moi significativa. Pero cando as actividades están deseñadas solo para nenos/as, o acceso dos pais/nais non está permitido.

Cales son as correntes metodolóxicas que aplicades?

Nós apostamos por utilizar a nosa propia metodoloxía, que bebe de moita fontes.O que si temos moi claro é que os erros son un elemento fundamental no proceso de ensinanza aprendizaxe, que temos que buscar sempre producir aprendizaxes significativos, atendender ás necesidade e características individuais de cada un/nha dos nosos/as alumnos/as e axudarlles a comprender o mundo que os/as rodea.

Teñen seguro de responsabilidade civil?

Por suposto [gazapo] conta cun RC que subre todas as súas actividades.

dúbidas
 
Demo
zigzag

¿Necesita máis información?
Contacta con nós.